Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ilustradora Amalia Pérez únese ás celebracións do sétimo aniversario da biblioteca de Chapela

RR_Noticias

A biblioteca que se atopa no Multiusos do Piñeiral celebra mañá o seu sétimo aniversario cun obradoiro orientado aos máis pequenos onde aprenderán todos os pasos que se agochan detrás da creación dun libro.

A mestra de cerimonias será a ilustradora Amalia Pérez Otero, diplomada en Maxisterio e licenciada en Psicopedagoxía, conta con ampla experiencia no eido da educación tanto como mestra coma como psicopedagoga, ademais de ter publicado numerosos libros orientados aos cativos. Amalia pérez será a encargada de aprenderlles ao cativos como crear un libro. A actividade é gratuíta previa inscrición na Biblioteca e está orientada a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 10 anos.  

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Os participantes no obradoiro coñecerán o proceso de creación dun libro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará