Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará cun equipo en cada categoría da Liga Galega de Traiñeiras 2012

RR_Noticias

O C.R. Chapela impúxose nas probas clasificatorias disputadas en Meira, e encabeza a LGT-1. O club de Cesantes, que volve á competición despois de dez anos, terá que conformarse con competir na LG-B, ao rematar na última posición nas eliminatorias. A competición quedou equilibrada tamén en canto á participación de equipos pontevedreses e coruñeses, xa que están repartidas as prazas entre as dúas provincias tanto na liga A como na B.
 

Xa está decidida a Liga Galega de Traiñeiras 2012 nos seus dous grupos, e Redondela terá representación nas dúas categorías. Chapela clasificouse ademais en primeira posición para a LGT-1, dominando un grupo no que estarán acompañados por Amegrove, Cabo da Cruz, Samertolameu de Meira, Vilaxoán, Mugardos, A Cabana e Ares. No grupo B estará o C.C.R. Cesantes, logo de dez anos sen participar na máxima categoría do Remo. Cun equipo moi novo, os redondeláns quedaron na última posición das clasificatorias, e competirán na liga B con Perillo, Robaleira, Morrazo, Poboa, Mecos, Esteirana, Rianxo, Coruxo e Cesantes. A distribución de ambos grupos quedou moi equitativa entre os clubs de Pontevedra e A Coruña. No caso da LGT-1 participan catro tripulacións da cada provincia. Na LG-B hai cinco tripulacións pontevedresas e catro da Coruña, o que deixa tamén un segundo grupo equilibrado. Deste xeito o calendario quedará moi ben distribuído desde a Ría de Vigo até a Ría de Ferrol. O próximo día 20 de abril coñeceranse as datas, estableceranse o número de regatas de cada grupo así como as probas que albergarán aos integrantes de ambos, o sistema de puntuación, etc. Arrancará entón unha liga que se presupón un pouco curta no calendario, e que non caso de non haber investidores para organizar máis regatas, deixará un primeiro grupo con oito probas e un grupo B con nove, as que obrigatoriamente debe organizar cada equipo participante.
Bateis-XIV Bandeira Concello de A Guarda
O C.R. Chapela acadou a terceira praza na proba disputada no porto guardés nas categorías masculinas de Xuvenil e Absoluta, quedando por detrás de Tirán e Amegrove no primeiro caso, e de Tirán e Vilaxoán no segundo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará