Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Último día para se inscribir no XXXI Maratón Fútbol Sala de Semana Santa

RR_Noticias

O Club Redondela Fútbol Sala pecha hoxe o prazo de inscrición para participar no maratón que se celebra os días 5, 6 e 7 de abril no pavillón coincidindo coas celebracións de Semana Santa. Os interesados deben formalizar dita inscrición na cafetería Aifos antes da celebración do sorteo que terá lugar hoxe ás 21:00 horas.

Todo un clásico deportivo que celebra este ano a súa trixésimo primeira edición e que espera repetir o éxito de edicións anteriores. Dende a organización, Juan Manuel Nogueira lembra que a ausencia de premios en metálico é compensada por unha banda, polo propio prestixio do torneo logo de máis de tres décadas de actividade e por uns premios que teñen que agradecer a un dos patrocinadores do evento, a empresa Umbro. Así, o primeiro clasificado farase cunha completa equipación deportiva para os seus xogadores e o equipo que reciba o premio á deportividade será agasallado cunha inscrición gratuíta para participar no Mundialito da Xunqueira. Os equipos interesados das categorías sénior masculino e sénior feminino deberán formalizar as súas inscricións na cafetería Aifos onde hoxe ás 21:00 horas se celebrará o sorteo. O prezo da inscrición é de 120 euros máis 30 de fianzas para os equipos masculinos, mentres que os femininos deberán abonar 50 euros e unha fianza de 20 euros. Os organizadores lamentan sobre todo a escasa participación feminina, xa que logo de anos intentando promover que as mulleres participen tamén no Maratón, seguen a ser poucos os equipos interesados.  

Juan Manuel Nogueira organización
Un maratón que logra ser competitivo sen premios en metálico
Participación feminina
Os equipos de mulleres seguen a ser a conta pendente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará