Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un triunfo moral para a SAR e nova vitoria para o Chapela

RR_Noticias

Fin de semana de vitorias para o balonmán local. O Paraxe lograba unha vez máis imporse nun partido disputado en Chapela ante o Cinco Jotas e a SAR acadaba o seu obxectivo de abandonar o último posto da clasificación grazas a un axustado triunfo ante o OAR nun partido que rematou co resultado de 29-28.

Unha vitoria moi buscada polos de Redondela que, xa condenados ao descenso, marcábanse como obxectivo escapar da última praza da clasificación pensando nas posibles repescas. E con ese obxectivo saíron ao campo do xogadores da SAR que non defraudaron a súa afección no partido disputado na Bomboneira ante o OAR Coruña, a quen venceron por 29-28. O seu triunfo ten maior valor logo da derrota do Camariñas, que se convertía así no pechacancelas da categoría.
Pola súa banda, o Paraxe Chapela continúa imparable na súa carreira cara a fase de ascenso logo de lograr esta fin de semana unha importante vitoria ante o Cinco Jotas por 30-27. Decimo segunda vitoria consecutiva como local, uns resultados que os manteñen no segundo posto da clasificación cando faltan dúas xornadas par pechar a liga.
Un partido disputado no pavillón de Chapela que contabilizou a mellor entrada da tempada.
Xa de cara á penúltima xornada, a SAR ten un difícil encontro na vindeira fin de semana, xa que ademais de xogar fora da casa farano nun campo díficil, o do terceiro clasificado, o Zamora. O Paraxe Chapela xoga tamén en campo rival, na casa do Cisne, sexto na categoría.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará