Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arrestado un veciño de Cesantes por conducir co permiso retirado

RR_Noticias

Un mozo de 23 anos de idade, D.P.C. veciño da parroquia de Cesantes foi detido na media noite do sábado pola Policía Local por ir ao volante dun vehículo Peugeot 205 pese a ter o permiso de conducir retirado. O detido pasou xa a disposición xudicial.

Os feitos tiveron lugar cando os axentes decatáronse de que este condutor que circulaba por rúa Alfonso XII viaxaba sen o cinto de seguridade, motivo polo que procederon a darlle o alto. Unha vez detido comprobaron que lle fora retirado o carné con anterioridade e que estaba a conducir pese a carecer do permiso regulamentario polo que procederon a súa detención e posta a disposición xudicial.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará