Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os redondeláns amósanse escépticos ante o resultado da folga xeral

RR_Noticias

Os sindicatos teñen convocada unha folga xeral para o próximo 29 de marzo contra a reforma laboral, aprobada polo Goberno de Mariano Rajoy, e que consideran inxusta e inútil. En Redondela os veciños amósanse en xeral contrarios a ese texto, xa que entenden que “prexudica ós traballadores”, pero dubidan da “efectividade” da folga. A maioría aseguran que o paro do próximo xoves “non vai servir para nada”, e que o Goberno “non vai dar marcha atrás” xa conta con maioría absoluta para manter o texto.

A reforma “máis regresiva” da historia da democracia de España, así definen os sindicatos a reforma laboral aprobada polo goberno popular. CC.OO. e UXT sumáronse ós sindicatos nacionalistas de Galicia, Euskadi e Navarra, que con anterioridade convocaran a folga xeral para o día 29 de marzo, e fan un chamamento á sociedade para secunde o paro. O obxectivo das centrais sindicais é que o goberno de Rajoy “sente a negociar” cambios no texto, un obxectivo que segundo os veciños de Redondela, non se vai conseguir. En xeral os redondeláns valoran negativamente a reforma laboral, que consideran “inxusta” para os traballadores, e lamentan que “só beneficia ós empresarios”, que poden despedir “máis barato”. Co todo, afirman que a folga convocada polos sindicatos “non vai servir para nada”. É a opinión de Teresa, que entende que o paro “tería que terse feito antes”, xa que agora que a reforma está aprobada o goberno “non a vai cambiar”. A maioría absoluta do executivo de Rajoy é o argumento que empregan a maioría para advertir que, sexa cal sexa o seguimento da folga, “non vai supoñer cambios” na reforma laboral. Luis, que está no paro, está convencido de que a mobilización social “non vai cambiar nada”, xa que non hai vontade política por parte do PP de modificar o texto. Outros como Maxi e Cristina, aínda que dubidan da efectividade da folga, entenden que é necesario secundala “para deixar patente que a xente está en contra da reforma”. Para os pequenos empresarios a situación é diferente. Moitos autónomos recoñecen que pecharán as portas dos seus negocios “por medo a represalias”, non por apoiar a folga. Unha situación que prexudica moitos pequenos negocios, que desde que comezou a crise ven como se reduce a súa facturación ata nun 60%, mentres se disparan os gastos e impostos. Mentres os sindicatos anuncian que recorrerán os decretos de servizos mínimos impostos pola Xunta de Galicia porque os consideran “abusivos” na que será a sétima folga xeral da democracia, a cuarta que se convoca contra unha reforma laboral.  

Teresa veciña
Secundará o paro pero entende que debería terse feito antes de aprobar a reforma.
Luis parado
Este veciño está convencido de que a folga non vai cambiar nada da reforma.
Autónomos
Moitos pequenos negocios pecharán por medo a represalias dos piquetes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará