Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Militantes do BNG de Redondela fan pública a súa baixa da formación política

RR_Noticias

Anuncian a súa participación na creación dun novo proxecto político nacionalista catalizado polas agrupacións recentemente escindidas Encontro Irmandiño e Máis Galiza. Aseguran que nos últimos meses o BNG local “ten experimentado significativas baixas na súa militancia a forma de pingueira que se completan coas últimas 4 froito do proceso asembleario de Febreiro”.

Os cinco ex militantes do BNG de Redondela argumentan a súa decisión de abandonar a formación “logo de máis de 15 anos de militancia” polas “desavinzas coas liñas política e organizativa dos últimos tempos, cuxo punto máximo se acadou en episodios xurdidos antes, durante e despois da última Asemblea Nacional”. Apuntan ademais que outro dos motivos  que os leva a adoptar a decisión de abandonar o Bloque é o “afastamento que a formación ten experimentado da cidadanía”, unha distancia que segundo aseguran “en Redondela ten un claro exemplo onde a presencia social do BNG é marxinal mesmo despois de tantos anos de goberno”.
Por outra banda, adiantan que “catro destes militantes xunto con outras persoas nacionalistas, van participar da formación do incipiente Novo Proxecto Común que se está xerar en Galiza, catalizado polo Encontro Irmandiño e a recentemente escindida +Gz”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará