Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Adicae anima aos veciños de Redondela a actuar ante o engano das preferentes

RR_Noticias

Descoñécese o número de afectados na nosa localidade, aínda que en toda Galicia as estimacións falan de máis de 100.000 aforradores, en moitos casos pensionistas, que adquiriron este producto animados polas entidades bancarias que non lles advertían do seu carácter de perpetuidade, o que se traduce en que agora non poden recuperar o diñeiro investido.

Son moitos os veciños, no caso de Redondela maioritariamente clientes de Caixanova e Caixa Galicia, que se están atopar coa imposibilidade de recuperar os cartos que no seu día investiron nun producto que esconde moita letra pequena. Os afectados denuncian que compraron participacións preferentes nalgún casos completamente enganados, porque llelas venderon como se fosen depósitos a prazo fixo, e noutros casos sen que as entidades lles informaran da imposibilidade de recuperar o diñeiro porque carecen de data de vencemento. A asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros, Adicae, a través da súa técnica iria Aguete, asegura que son moitas as persoas que aínda non son conscientes de atoparse entre os afectados pola venda das preferentes, polo que aconsellan a todos os clientes de banca solicitar por escrito nas súas entidades información sobre os seus productos e informarse das formas que existen para reclamar os aforros investidos. Uns aforradores que optaron por este producto por descoñecemento e animados pola confianza que, sobre todo nas vilas pequenas, depositan nos traballadores das entidades bancarias cuxa responsabilidade é evidente para Aguete. Precisamente mañá xoves o BNG de Soutomaior celebra un acto sobre os produtos financeiros emitidos por Caixanova e outras entidades bancarias e que segundo apuntan dende o Bloque “convertéronse nunha auténtica estafa para moitos pequenos aforradores, que decidiron investir nas preferentes e agora comproban que non poden recuperar ese diñeiro porque son “a perpetuidade”. A charla terá lugar mañá xoves ás 21:00 horas na Casa da Cultura Fernando Pereira de Arcade.  

Iria Aguete Adicae Vigo
Algúns clientes pensaban que estaban a adquirir depósitos a prazo fixo e non preferentes
Cómo actuar
Adicae aconsella informarse e unirse a outros afectados
Mala praxis bancaria
Os traballadores das entidades sabían ou debían saber o produto que estaban a vender

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará