Hoxe é Domingo 13 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha cámara de vixilancia controlará o uso do Local de Nsaio

RR_Noticias

O local de ensaio da Avenida Mendiño volverá funcionar en breve a pleno rendemento. Así aló menos o anunciou a concelleira de participación Cidadá, Herminda Quelle quen explicou que o novo sistema de xestión consistirá en outorgar a cada usuario un código de entrada. Instalarase ademais unha cámara de vixilancia como elemento disuasorio ante posibles actitudes vandálicas.

A Concelleria de Participación Cidadá, Herminda Quelle asegurou que a autoxestión por parte dos propios usuarios, sistema defendido polo anterior goberno municipal para xestionar o local de ensaio, non funcionou “como se puido comprobar polos numerosos estragos que sufriron tanto as instalacións como os instrumentos musicais e o mobiliario comprado para acondicionar o local”. Unha situación que levou a clausuralo temporalmente o pasado verán. Unha explicación que a edil de Participación Cidadá aportou logo de que así llo demandasen dende o BNG, que preguntaba ademais pola xestión que teñen previsto poñen en marcha de cara ao futuro, unha vez se realicen os traballos de mellora e se merque novo material. A responsable de Participación explicou que “logo de comprobar que a autoxestión non funciona” procederase a instalar unha cámara de vixilancia e os usuarios contarán con cadanseu código de entrada o que permitirá en todo momento ter identificados as persoas que estean a facer uso do local.  

Herminda Quelle Concelleira de Participación Cidadá
Explica as medidas de control que se empregarán no futuro
Xoan Carlos González BNG
O BNg interesouse polo futuro do local de Nsaio

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará