Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Chapela métese na loita polo ascenso e a Sar da outro paso cara o descenso

RR_Noticias

Non perdoou o Paraxe Chapela na súa visita ao campo de Oar Coruña. Un encontro no que os de Fran Teixeira amosaron a súa superioridade logrando unha vitoria decisiva nun partido que rematou co resultado de 26-32. A Sar segue afundida na clasificación logo de caer ante o Ademar por 34-23.

A derrota da SAR no encontro disputado onte na casa do Ademar deixa aos redondeláns aínda máis preto do descenso. So restan cinco xornadas para que finalice a liga e a Sar Plastic Omnium está a cinco punto da liña que marca a salvación. A superioridade do Ademar foi incontestable e así o demostra o marcador, un 34-23 que mantén ao equipo local na peor das situación posibles. Na vindeira fin de semana xogan na Bomboneira, onde reciben ao Cafes Toscaf.
No outro lado da moeda atopamos aos xogadores do Chapela, imparables na súa loita ascenso. As cousas non se presentaban doadas para o Paraxe Chapela que visitaba o campo coruñés do OAR cun equipo tocado polas lesións, con todo foron quen de lograr ese importantes triunfo fora da casa que lles permite soñar co ascenso. O encontro rematou co resultado de 26-32 a favor dos de Chapela, que se manteñen no terceiro posto da categoría, a tan só dous puntos do segundo e a 4 do líder, o Porriño. Partido moi igualado o que se poderá ver na vindeira semana na parroquia redondelá, onde os de Chapela reciben ao segundo da táboa, o Zamora.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará