Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un seminario no Multiusos analizará as enfermidades emocionais

RR_Noticias

Tratar as emocións para evitar ou curar enfermidades, ese é o punto de partida do seminario que se vai desenvolver no Multiusos da Xunqueira durante o mes de marzo organizado pola Para-ortopedia An’Anasa.

O obxectivo é ofrecer aos asistentes información sobre a repercusión que un desequilibrio emocional que persiste a través do tempo pode provocar na saúde física. Enfermidades psicosomáticas producidas porque os individuos viven un conflicto que xera un bloqueo emocional e que provoca finalmente unha enfermidade, segundo nos explicaba dende An’Anasa, Carmen Rodríguez Amoedo Unha medicina alternativa que “busca tratar non só os síntomas, senón o problema real”. Precisamente para achegar ao público en xeral este tipo de medicina organizan de xeito gratuíto un seminario que se desenvolverá ao longo de tres fins de semana, concretamente os días 3, 4, 10, 11 e 31 de marzo e o 1 de abril. Seis sesións nas que se falará de como se xeran os conflictos emocionais e os síntomas que provocan así como as enfermidades que poden desenvolver as persoas que manteñen eses conflictos sen resolución a longo prazo. Carmen Rodríguez asegura que “non se pretende convencer a ninguén, só achegar aos veciños outro punto de vista e máis información sobre este tipo de terapias alternativas”. Pódense inscribir na Para-ortopedia An’Anasa ou no teléfono 986 401240. Celebrarase unha charla presentación este sábado día 25 ás 19:30 horas no Multiusos.  

Carmen Rodríguez Amoedo AnAnasa
Explica que é unha enfermidade emocional
Contidos do seminario
Unha actividade aberta a todo o público

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará