Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Susto no Entroido redondelán ao envorcar un tractor en Ernestina Otero

RR_Noticias

O martes de Entroido converteuse un ano mais, e a pesar dos recortes, nunha cita de participación masiva onde durante toda a xornada foron milleiros os veciños que saíron á rúa disfrazados para a ocasión. O susto da xornada levárona os participantes dunha comparsa, cuxo tractor envorcou na rúa Ernestina Otero preto das cinco da tarde. Nove mozos resultaron feridos polo que foron trasladados ao Centro de Saúde e ao hospital Xeral en Vigo, segundo información da Policía Local.

A festa arrancaba xa ao mediodía con numerosos grupos disfrazados que animaban as rúas do casco urbanos, Pero sería sobre todo a partir de media tarde cando as rúas se amosaron ateigadas de público que non se quixeron perder as actividades de rúa que se repartiron principalmente polas prazas da Constituciíon, Figueroa e Ribadavia.
O pu8nto álxido foi unha vez máis a queima do meco a cargo dos saltimbanquis e os malabaristas do grupo River, que foron os encargados de reducir a cinzas un meco, que tres anos despois, volvía representar a crise económica. Un espectáculo máis modesto que en edición anteriores por mor dos recortes, pero que con todo logrou o favor do público.
E se o domingo os premios foron para as comparsas onte o concurso recoñeceu o traballo de caracterización dos espontáneos. Así, na categoría de grupos o primeiro premio foi para “Bollywood” e o segundo para “Os títeres do Muro”. En parella a gañadora foi “Parella veneciana ” seguida de “Os aviadores con avión”. Por último, “Amazona victoriana” e “Rapunzel” fixéronse cos premios no apartado individual.
Accidente en Ernestina Otero
O susto da xornada levárona os ocupantes dun tractor que envorcou ás 16:55 horas da tarde na rúa Ernestina Otero. O remolque do vehículo transportaba aos integrantes dunha comparsa ataviados de campesiños, nove dos cales resultaron feridos de diversa consideración. Os feridos, todos eles de idades comprendidas entre os 16 e os 22 anos, foron atendidos no centro de saúde de Redondela e no Hospital Xeral de Vigo.
O sinistro mobilizou a efectivos do 112, Policía Local e Grumir e causou importantes retencións no tráfico ao cortar a céntrica rúa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará