Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco C.F., a por todas

RR_Noticias

Logo de 24 xornadas como líder da Preferente Autonómica, o equipo redondelán conxúrase para facer realidade o soño do ascenso. O bo xogo e uns resultados moi positivos avalan o proxecto de Jacobo Montes, que demostra calidade xornada tras xornada. O pasado domingo a remontada diante do Barco deixou unha das mellores versións do Choco en Santa Mariña. A próxima cita será no campo do A.Travesas.

Cos pés na terra pero “sen renunciar a nada”, ese é o lema de Jacobo Montes, o adestrador do Choco C.F. O técnico, sempre prudente, recoñece que o obxectivo da permanencia que se marcaba o club ó inicio da liga “está superado” e que agora o que pretenden é acadar “os mellores resultados posibles”. Montes evita falar da loita polo ascenso, aínda que sinala que logo de 24 xornadas como líderes, a situación “non é casual”. O técnico entende que o Choco ocupa a primeira praza por méritos propios “sobre todo por xogo”, e confirma que son “un dos mellores equipos da categoría”. Isto no quere dicir que estea xa “todo feito”, e Jacobo Montes segue a esixir “máxima concentración” ós xogadores, non hai oco para a relaxación. O obxectivo é estar “sempre ó 100%”, xa que no caso contrario calquera rival pode facer dano. O seu traballo diario reflíctese no xogo, e unha boa mostra foi o partido do pasado domingo, ao remontar un marcador adverso en Santa Mariña diante do Barco. A capacidade de reacción do equipo foi total, en tan só un minuto igualaron o marcador e doce minutos máis tarde sentenciaran o encontro co 3-1 definitivo. Encadean tres vitorias consecutivas e van a pola cuarta. A cita o domingo é no campo do A. Travesas, equipo afundido na parte baixa da táboa. Con todo, o adestrador non se fía da mala situación do rival, e advirte do perigo do choque, sobre todo polas reducidas dimensións do terreo de xogo, que prexudican ó fútbol do Choco. Asegura que van acudir á cita “sen dar nada por gañado” e coa máxima concentración para facerse cos tres puntos.  

Jacobo Montes adestrador
O equipo aspira ás metas máis altas logo de 24 xornadas como líderes.
A.Travesas-Choco
O técnico non se fía da mala situación do rival e advirte que as reducidas dimensións do campo prexudican ó Choco.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará