Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arde crise, arde!!!

RR_Noticias

A crise arderá hoxe en Redondela pero, moito nos tememos que aconteza o que pasou hai xa tres anos, cando no Entroido 2009 tamén fora a difícil situación económica ese mal que todos querían facer desaparecer coa queima do meco. Parece que a purificación do lume non foi suficiente e a pesar dos berros “Arde crise!!!” que naquel intre acompañara o espectáculo, tres anos despois seguimos pedíndolle a Don Carnal que reduza a cinzas a crise económica.

Os actos programados pola Consellería de Cultura arrancarán ás 17:00 horas coa charanga Dr. Anchoa e haberá tamén obradoiros para os mais cativos con talleres de maquillaxe, máscaras e globoflexia. A queima do meco está prevista para as 20:00 horas e logo do espectáculo de lume haberá verbena amenizada pola Orquestra Ismael. Unha música que soará na praza de Ribadavia. Con todo, a “festa rachada” arrancaba xa ao mediodía con veciños qeu non duidaban en sair á rúa disfrazados para a ocasión. Unha animación qeu conforme avancen as horas irán en aumento grazas á participación popular e as tradicionais comidas de entroido.Para facilitar o desenvolvemento das actividades de rúa, está previsto o peche do casco urbano ao tráfico rodado a partir das tres da tarde. Así, os vehículos non poderán circular polas rúas que van dende a praza da Farola ata a rotonda de Xeneral Rubín.  

Alberto Pazos edil de cultura
As actividades arrancarán ás 17:00 horas

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará