Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un incendio na cafetería-panadería A Xunqueira obriga a evacuar un edifico

RR_Noticias

Tremendo susto o que se levaron na madrugada de hoxe os veciños do edifico Paseo da Xunqueria número 35 logo de que unha fritideira prendese lume no interior da cafatería panadería que se atopa no baixo do inmoble. Tamén de madrugada un lume forestal calcinaba 2.500 m2 na zona das Cabirtas en Reboreda.

Os feitos tiñan lugar ás 5:30 horas da madrugada cando, segundo información facilitada pola Policía Local, unha fritideira que permanecera excesivo tempo ao calor prendeu lume provocando unha importante fumareda que inundou as escaleiras do edificio. Unha situación que obrigou a evacuar aos veciños do inmoble, en total catro andares e un ático. Nas labores de evacuación participaron a Policía Nacional, Policía Local e bombeiros de Vigo. O lume foi rapidamente sufocado aínda que foi necesario ventilar todo o edificio e o propio local para evitar que se producira algunha intoxicación.
Incendio forestal
Por outra banda, pasada a medianoite producíase tamén un incendio nun terreo arborado na parroquia de Reboreda. A alerta dábana os veciños ás 00:15, quen avisaban dun lume en Santo Paio de Abaixo na zona das Cabirtas. Na extinción do lume participaron axentes da Policía local e nacional así como un retén de extinción de incendios da Xunta de Galicia.
O lume quedou sufocado ás 2:40 da madrugada e deixou 2.400 metros cadrados calcinados. O solar, propiedade particular, era principalmente arborado e maleza.
Durante a tarde produciuse un accidente de tráfico que deixaba un ferido na subida á Estación logo de colidir un turismo e unha motocicleta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará