Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

La Cumparsita de Chapela faise co primeiro premio no concurso de comparsas

RR_Noticias

O xurado valorou a unidade temática e coreográfica elaborada polos zíngaros chegados de Chapela, o que lles valeu a esta agrupación facerse cos 900 euros do primeiro premio. “Moreira a tope” e “As marchosas de Chapela” fixéronse co segundo e terceiro premio. Unha xornada onde as rúas estiveron ateigadas de xente aproveitando o bo tempo, un sol que volverá lucir no martes de Entroido.

Milleiros de persoas aproveitaron a solleira tarde de onte para achegarse ao centro da vila a gozar do tradicional desfile de comparsas que, a pesar dos recortes, volveu contar co apoio do público. De feito, a enorme afluencia de público provocou algún que outro colapso no tráfico a pesar do incremento no número de prazas habilitadas no solar do futuro auditorio. En total, quince comparsas as que participaron do concurso deste ano que encheu as rúas da vila de cor e fantasía. Os gañadores foron un grupo de zíngaros que amosaron unha traballada coreografía e que lograron cos seus traxes levarse o primeiro premio dotado con 900 euros. Os segundos na clasificación chegaban de Soutomaior “Moreira a tope” e lograban facerse cos 600 euros do segundo premio cunha comparsa de Mari Poppins. Os terceiros foron As marchosas de Arcade, unha agrupación xa veterana e que volvía este ano a facerse cun dos premios grazas aos seus motivos galácticos. O xurado, entre os que se atopaba o canario Gervasio Marqués Avero, botou en falta nalgunhas das comparsas presentadas “unha maior coordinación en cando ao conxunto” e unha maior unidades en canto as coreografías, a música e os traxes Tres aspectos que si estaban presentes en La Cumparsita. De feito, esta agrupación viña de gañar un terceiro premio no Entroido de Nigrán e o seu traballo viuse recompensado tamén co primeiro galardón no Entroido redondelán. Uns premios que recompensan o duro traballo dos seus integrantes que se involucran na elaboración dos traxes e nos ensaios para ofrecer unha traballada coreografía. Non faltaron entre as agrupacións participanttes as que optaron polos zombis, como a presentada pola Plataforma contra a autovía, ou as referencias á corrución e a especulación bancaria, argumento elixido pola comparsa de Chan das Pipas.

Gervasio Marqués xurado do Entroido
O xurado botou en falta unha maior unidade nalgunhas agrupacións
Aspectos valorados en La Cumparsita
Gervasio Marques explicaba cales foron os aspectos que os decantaron
Sara La Cumparsita
Detras da comparsa hai moita xente traballando e pasádoo ben

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará