Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BNG pregunta a Fomento polo futuro das autovías A-59 e A-57

RR_Noticias

Os nacionalistas lembran en relación a A-59 que o obxectivo da súa construcción é dotar a provincia dunha “autovía libre de peaxe, unha alternativa á ponte de Rande que é de pago”. Solicitan ao ministerio que concrete cales son as previsións de cara á construción de ambas as dúas vías.

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentaría na Cámara para preguntar ao Ministerio de Fomento cales son as previsións futuras respecto á construción das autovías A-57 e A-59.  Davila solicítalle a Fomento información sobre cal vai ser a opción elixida polo Ministerio e sobre cales son os prazos de execución de cada unha das infraestruturas.
Dende o BNG insisten en que “hai xa un ano trascendía nos medios de comunicación que o Ministerio de Fomento tería aprobado, de xeito provisional, e sometido a información pública todo o trazado da autovía A-59 entre Pontevedra e Vigo”. Un proxecto no que o Ministerio tería dividido o trazado en catro tramos e que tería dous carrís en casa sentido. Motivo polo que transcorrido este prazo entende que dende Fomento é tempo de concretar cales son as expectativas de cara á realización de cada unha das autovías “dado que son de grande interese para Pontevedra”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará