Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno estuda novas colocacións para a fonte luminosa “aparcada” en Pousadouro

RR_Noticias

Javier Bas asegura que xa se mantiveron conversas co escultor, Acisclo Manzano, para estudar a nova ubicación desta fonte luminosa. A escultura, na que o anterior goberno investira 54.000 euros, permanece tirada na parte traseira do pazos de Pousadouro logo de que o ex rexedor, Xaime Rei desbotara instalala na praza de Ribadavia, ante a oposición veciñal a que se retirara o farol que fai que popularmente a praza sexa coñecida como Praza da Farola.

A fonte luminosa con forma de pirámide triangular de seis metros de alto por dous metros de ancho na que o ex goberno presidido por Xaime Rei investira 54.000 euros “descansa” lonxe da súa ubicación prevista. A idea orixinal era instalar esta obra do escultor Acisclo Manzano na praza de Ribadavia, máis coñecida como praza da Farola. E foi precisamente a oposición veciñal a que se retirase do lugar o emblemático farol, o que levou ao ex rexedor a desbotar o emprazamento inicial semanas antes das anteriores eleccións municipais.
O alcalde Javier Bas confirmou na mañá de hoxe o interese do goberno local por instalar a escultura nalgún lugar destacado da vila. Neste sentido confirmou que xa mantiveron conversas co seu autor de cara a buscarlle a mellor ubicación posible. Bas apuntou que se están a estudar tres espazos alternativos á praza de Ribadavia, pero optou por non concretar á espera de adoptar a decisión definitiva.
A espera do seu futuro, a fonte en cuxos laterais se poden ver diversos gravados que representan á danza das espadas e que viría a completar ás outras dúas esculturas que se poden ver na Praza da Constitución e que recrean a danza das penlas, permanece tirada na zona traseira de Pousadouro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará