Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Piden sete anos de cárcere por acosar a unha veciña de Redondela

RR_Noticias

O fiscal pide 7 anos de cárcere para un veciño de Barakaldo por cinco delitos contra a súa ex parella, residente en Redondela, con quen ten dous fillos en común. O ministerio público impútalle varios delitos de ameazas, quebrantamento de condena, malos tratos no ámbito familiar e maltrato habitual co agravante de reincidencia.

A ex compañeira declarou onte no xulgado de Vigo, onde relatou diferentes incidentes protagonizados polo imputado, que actualmente se atopa en prisión. Contou como ao longo do 2009 sufriu ameazas, recibiu mensaxes vexatorios no seu teléfono móbil enviados polo acusado, quen aporreou ademais a porta da vivenda da denunciante a pesar de contar cunha orde de afastamento que o debía manter lonxe do domicilio da muller. O imputado alega como defensa que foi a muller quen lle pediu que visitase aos seus fillos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará