Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concurso de maquetas Millo Verde convoca a súa V edición

RR_Noticias

A asociación organizadora espera superar a participación de anos anteriores, onde foron máis de 30 as agrupacións procedentes de Galicia e Portugal que se presentaron. O prazo de presentación de traballos está aberto ata o 13 de marzo. Toda a información pode atoparse no enderezo http://milloverde.blogaliza.org/

O concurso de maquetas está aberto a todos os grupos ou solistas con residencia en Galicia ou Portugal que non teñan disco editado, independentemente do seu estilo musical. Os interesados teñen que remitir ao enderezo da asociación un CD cun mínimo de tres cancións de composición propia antes do 13 de marzo. De entre todos os presentados será un xurado elixido pola Asociación Millo Verde o encargado de facer unha criba inicial, seleccionando un mínimo de tres finalistas que participarán dunha festa concerto que terá lugar en abril. O público asistente a esa festa será o encargado de elixir cos seus votos ao gañador desta edición, que ademais de levarse os 300 euros do premio en metálico obterá o dereito a formar parte do festival Millo Verde que terá lugar os días 1 e 2 de xullo, o que supón unha oportunidade de darse a coñecer e de amosar o seu repertorio en público.

Saca Asociación MIllo Verde
esperan incrementar a presenza de grupos portugueses conforme se espalle a convocatoria
Premios
Os grupos ademais dos cartos teñen a oportunidade de actuar nun escenario de calidade

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará