Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Amoedo festexa San Mauro, o santo dos ósos

RR_Noticias

A parroquia de Amoedo no concello de Pazos de Borbén celebra este sábado e domingo as festas na honra de San Mauro, cunha serie de actos relixiosos, verbena nocturna e os tradicionais cocidos con cacheira nas casas da parroquia e restaurantes da zona.

Haberá misas o domingo día 15 dende as nove da mañá ata a unha do mediodía e novamente pola tarde. As verbenas, tanto nos dous días da fin de semana celebraranse baixo unha carpa con calefacción para que todos os asistente se poidan protexer das inclemencias meteorolóxicasSan Mauro é o santo ao que rezan as persoas que padecen enfermidades reumáticas e conta con numerosos devotos tanto na parroquia de Amoedo como no resto da comarca que ateigan a Igexia ao longo do día para pedir ao santo protección fronte ao reuma.Tampouco faltan os que celebran a data polo seu acusado carácter gastronómico, xa que nos domicilio particulares e nos bares da zona non falta nesa xornada un bo prato de cocido con cacheira.

Mª del Mar Extremadouro comisión de festas
As verbenas serán baixo unha carpa climatizada

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará