Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco perde o liderado en Ourense

RR_Noticias

Non comezou ben o ano para os equipos locais, que colleitaron resultados negativos tanto na Preferente Sur como na Primeira e Segunda Autonómica. Os de Jacobo Montes caeron derrotados no campo do Barbadás, e perderon o liderado en favor do Arouso, do que están agora están a un punto.

Preferente Autonómica

Barbadás 4-1Choco
Os anfitrións foron moi superiores ó equipo redondelán, e controlaron o xogo os 90 minutos. No descanso o Barbadás xa gañaba por 2-0. No segundo tempo o Choco recortou distancias co 2-1, pero a marxe durou pouco, xa que o Barbadás anotou dous goles máis antes de rematar o partido. Coa derrota os de Jacobo Montes perderon o liderado, están agora a 1 punto do Arousa. Na próxima xornada reciben ó Céltiga, 3º clasificado, a un punto dos de Redondela.
Primeira Autonómica
Guardés 6-0 Chapela
O Chapela afúndese diante dun Sp. Guardés moi superior. Os de Redondela tiveron moitos erros en defensa, que foron aproveitados polos locais para impoñer o seu xogo. Na próximaxornada volven xogar fóra, no campo do Moaña.
Segunda Autonómica
Arcade 1-2 Marín
A temporada non está a ser boa para o Arcade, situado en postos de descenso. Son 16º logo da derrota. Na próxima xornada volven xogar na casa, recibe nó Moraña
Terceira Autonómica
Choco B 2-1 S. Esteban
O Choco está na 6ª praza, na próxima xornada xogará no campo do Pereiró.
Chapela 3-2 Pereiró
O Chapela, na metade da clasificación, gañou ós vigueses. Prox xonrada xoga no cmapo do Casablanca.
At. Vilar 2-1 Sanguiñeda
Proxima xornada partido de rivalidade directa, xa que os de Vilar xogarán no campo do Vincios, situado tamén na parte baixa da táboa.
Cesantes 4-0 Presqueiras
O Cesantes non perdoou ó pechacancelas, e sitúase na 8º praza. Na próxima xornada xoga no campo do Cruceiro B.
Moaña B 2-2 Soutomaior
O Soutomaior perde o liderado logo do empate, está a 2 puntos do Sampaio, que é o actual líder. Na próxima xornada reciben ó Caroi, da parte baixa da táboa
Nespereira 0-2 Juvenil
Os de Pazos son 5º logo da derrota. O domingo xogarán no campo do Cumiar.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará