Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Moita afluencia de público nos primeiros días de rebaixas

RR_Noticias

O comercio local confía en que os veciños gasten en Redondela os cartos que teñen previsto investir nas rebaixas e que está estimado en 80 euros por persoa. Os saldos arrancan con descontos de entre o 20 e o 50% e chegarán ata o 80% nas segundas rebaixas.

Os redondeláns participan tamén destes descontos de inverno onde o obxectivo é atopar o produto máis rebaixado. Un período que arranca cunhas peculiaridades específicas, xa que si en anos anteriores se falaba de descontos agresivos para animar o consumo, este ano os comerciantes entenden que as vendas están aseguradas, xa que son moitas as familias e os veciños que decidiron atrasar os agasallos debido á mala situación económicos para facelos coincidir co inicio destes descontos.Calcúlase que a media das comprar situarase en 80 euros pro persoa na provincia de Pontevedra, que se investirán maioritariamente en productos de téxtil, calzado, complementos e fogar. En canto aos comercios, arrancan con descontos de entre o 20 e o 50%, aínda que os máis agresivos ofrecen xa descontos de ata un 70%.E para animar esas compras este mesmo venres ás 19:30 horas no Multiusos a Asociación de Empresarios sorteará tres vales de compra por valor de mil euros cada un. Un sorteo co que se pechará a campaña de Nadal durante a cal xa se repartiron diferentes premios directos entre os clientes do comercio local.

Fran Peixoto Asociación empresarios
Moita afluencia nos primeiros días
80 euros por persoa
Uns investimentos sobre todo en calzado e téxtil
3.000 euros en premios
Os clientes do comercio local xogan este venres tres vales por valor de mil euros cada un

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará