Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o ano de Casto Sampedro

RR_Noticias

Unha programación específica lembrará a figura de Casto Sampedro no ano no que se conmemora o 75 aniversario do seu pasamento. Todos os grupos políticos con presencia na corporación amosaron o seu apoio a que se organice dende a Concellería de Cultura de Redondela unha programación específica para por en valor a vida e obra do humanista.

A rúa peonil que comunica a praza de Ribadavia co Paseo da Xunqueira lembra dende hai anos a Casto Sampedro, un home que naceu en Redondela no ano 1848 e que ao longo dos seu 89 anos de vida desenvolveu unha importante labor en prol da busca, conservación, estudo e difusión das fontes históricas, tanto de interese local coma galego, así como na recuperación dun gran volume de material sobre o folclore do noso país.Malia esa referencia no rueiro local, moitos son os que descoñecen a súa obra e a súa vida, así como as conexións que tivo co noso municipio. Unha eiva que dende o Concello queren corrixir coa elaboración dunha programación propia no ano 2012 que ven de ser declarado ano na memoria de Casto Sampedro.A decisión adoptouse de xeito unánime no último pleno municipal. A proposta partía dende a propia Concellería de Cultura e foi apoiada por todos os grupos presentes na corporación. A proposta presentada polo popular Alberto Pazos, foi aplaudida polo BNG, quen demandou iso si que os actos que se desenvolvan cheguen tamén ás parroquias e non se centren exclusivamente no centro da vila. Os socialistas demandaron pola súa banda que se crease unha comisión de cultura para que os actos contaran co sentir e as achegas de todos os grupos políticos.

Alberto Pazos PP
A proposta de declarar o 2012 como ano de Casto Sampedro partiu dende Cultura
Cecilia Pérez BNG
Os nacionalistas piden unha programación propia e descentralizada
Luis Orge PSOE
Os socialistas piden que a programación se elabore conxuntamente nunha comisión de cultura

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará