Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Mar convoca 20 novos permisos de explotación de marisqueo a pé en Arcade

RR_Noticias

A Consellería do Mar convoca 20 novos permisos de explotación para o marisqueo a pé para a confraría de pescadores de Arcade. As persoas interesadas deben presentar as súas solicitudes nas oficinas de rexistro da Xunta. O prazo é de 15 días hábiles a partir de hoxe.

Para poder optar aos permisos de explotación, os solicitantes deben cumprir os requisitos esixidos para optar ao permiso de explotación para o marisqueo a pé e presentar a documentación requirida pola Consellería do Mar. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles a partir de hoxe. As solicitudes presentaranse nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de correos ou no resto de lugares indicados na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Unha vez rematado o prazo de solicitude, a Consellería do Mar procederá á súa valoración. Cabe lembrar que todas as prazas se convocan despois de comprobar a súa viabilidade nos informes técnicos e sempre tendo en conta a compatibilidade e sostibilidade dos recursos e criterios socioeconómicos. Dende a Consellería destacan esta convocatoria como unha aposta pola xeración de actividade e o incremento dos postos de traballo para a incorporación de xente nova ao marisqueo, especialmente no contexto de crise económica actual.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará