Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nenos van ao teatro

RR_Noticias

O PequeAtro volverá colgar o cartel de “sen entradas” ou eso é aló menos o que esperan no concello logo das edicións anteriores onde a afluencia de público foi masiva. Tres propostas escénicas diferentes orientadas ao público infantil ao módico prezo de un euro.

O PequeAtro arrancará o mércores ás 18:00 horas no Multiusos, lugar e horario no que se desenvolverán as tres funcións. O primeiro en subirse ao escenario será Teatro del Andamio quen porá en escena a obra “Area e auga”, un espectáculo orientado a nenos e neas de entre 4 e 10 anos onde se conta o que lles pasa a catro persoas que viven a cada lado dunha parede e que un día comezan a se relacionar entre eles. A segunda das obras leva por título “Carta urxente para Máximo Toxo” e é unha comedia infantil e acrobática de Talía Teatro onde non faltarán os saltos, as piruetas e os berros. A historia xira en torno a Máximo Toxo, un gran escritor aínda que pouco coñecido que vive pechado na súa casa buscando a obra perfecta, o libro polo que será lembrado eternamente. Por outro lado está Belinda, unha moza que traballa como carteira. A obra cóntanos que acontece cando os dous personaxes se atopan. Pechará o ciclo a compañía Teatro do Morcego con “O gato Manchado e a Andoriña Siñá”, unha traxicomedia animal, ambientada nun mundo de paxaros no que de súpeto xurde un gato. A obra está protagonizada polos actores Carlos Mosquera “Mos” e Celia González, nos papeis de gato e andoriña respectivamente e poderase ver o venres 30. O programador cultural do Concello, Suso Ben, confía en repetir este ano o éxito de edicións anteriores por tratarse dun festival xa consolidado e que sempre conta co apoio dos nenos que enchen o multiusos.  

Suso Ben programador cultural
Tres propostas diferentes con contido cómico
Area e auga
Unha proposta de Teatro del Andamio
Carta urxente para Máximo Toxo
Talía Teatro
O gato Manchado e a Andoriña Siñá
Teatro do Morcego

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará