Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O concello presenta o proxecto Marisma Máis aos axentes sociais

RR_Noticias

Baixo o título “Actuacións para o desenvolvemento económico, social e cultural
no Municipio de Redondela” o Multiusos da Xunqueira acolle este xoves ás 20:30 horas a presentación do proxecto Marisma Mais. Un acto no que se dará conta das actuacións que se levarán a cabo con cargo a esta segunda fase do plan Marisma cun custe de 4’5 millóns de euros.

Os actos comezarán ás 20:30 horas coa presentación do proxecto Marisma Máis a cargo do alcalde, Javier Bas. O rexedor local dará conta das actuacións que o concello pretende desenvolver a cargo dos 3’1 millóns de euros aportados pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Uns cartos aos que hai que sumar a achega do concello que ascende a 1’4 millóns e que servirán para financiar a construción do centro de interpretación da Batalla de Rande na antiga fábrica do Alemán por valor de 1.200.00 euros, un novo pavillón de deportes no concello que se empregaría tamén para albergar feiras monográficas ou a construción dun centro de día nas instalacións do Colexio de Trasmañó, actualmente pechado.
As nove da noite, logo da presentación xeral, está prevista unha mesa redonda na que diferentes expertos falarán da necesidade de promover o desenvolvemento local como estratexia en tempos de crise. Participarán na mesa Juan José Lirón Lago, Secretario da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal, Xulio Pardellas de Blas, Doutor en Economía e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, Adolfo Neira, Socio consultor de EOSA Consultores e a Concelleira de Facenda e desenvolvemento Local, Ana María Alonso Alonso. O acto finalizará cun viño galego.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará