Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR Plastic Omniun “pelexará” por un resultado positivo en Coia para despedir a primeira volta

RR_Noticias

Esta está a ser unha dura temporada para os homes de Pablo Muíños, que a pesar do bo xogo despregado non son quen de saír do pozo da clasificación. Na pasada xornada os erros arbitrais impedíronlle sumar un triunfo diante do Zamora, logo de ir por diante no marcador case todo o encontro. Piden tamén o apoio dos seus seareiros para a cita deste domingo co Seis do Nadal, e que os axuden a sumar algún punto no que será o último encontro desta primeira volta.

A piques de rematar a primeira volta, a SAR Plastic Omnium está en postos de descenso, son penúltimos na clasificación logo de sumar tan só dúas vitorias e un empate. Con todo, os homes de Pablo Muíños están a facer un bo xogo. No partido da pasada xornada a SAR foi un duro rival para o Zamora, pero a actuación arbitral non axudou ao equipo redondelán e remataron perdendo cun resultado de 34-36 a favor dos casteláns. Posiblemente foi o mellor partido da SAR no pavillón redondelán, que tratou de igual a igual ó 2º clasificado desta liga. O adestrador lamenta este resultado, xa que fixeron “un moi bo partido” que ían gañando ata os últimos minutos. Muíños recoñece que o cadro de xogadores “quedou curto”, e que as lesións e as decisións arbitrais “non están a axudar”. Con todo, o técnico é optimista, e confía en mellorar resultados na segunda volta. Asegura que van “pelexar” para salvar a categoría, e insiste en que se as lesións os respectan e teñen “algo máis de sorte”, poderá conseguirse o obxectivo. Agora teñen a ollada posta no próximo rival, será o Seis do Nadal. O técnico agarda acadar un resultado positivo, malia que afrontan o choque con algunhas baixas, e pide o apoio dos afeccionados. O partido será o domingo, ás 12.00 horas no pavillón de Coia, unha cita coa que despiden a primeira volta antes das vacacións de Nadal.  

Pablo Muíños adestrador
O técnico confía en mellorar resultados na segunda volta.
Seis do Nadal-SAR Plastic Omnium
Muíños explica que pelexarán para acadar un resultado positivo en Coia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará