Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha feira de Nadal en Arealonga

RR_Noticias

Un total de 16 postos ofrecen os seus produtos artesanais nunha feira que estará aberta mañá día 8 dende as once da mañá ata as seis da tarde. Os asistentes poderán atopar produtos de gastronomía, cerámica, cosmética natural  ou complementos nestas feiras de Nadal.

A idade naceu de xeito espontáneo, cando a súa promotora Cristina Fernández, afeccionada ás manualidades e particularmente ao “ganchillo”, decatouse de que unha boa forma de compensar o custe que lle supón esta actividade sería poñer á venda todos os bolsos que tiña na casa feitos por ela mesma. Logo de acadar o permiso municipal correspondente, púxose en contacto con outros posible vendedores e na xornada de onte un total de 16 postos participaron da iniciativa, ofrecendo produtos de cosmética como xabóns variados e xeles de áloe vera, tortas e biscoitos, xoias, pezas de cristal Swarovski ou produtos típicos das datas como centros de Nadal elaborados de xeito artesanal. Mañá repiten e os mesmos produtores abrirán os seus postos ás 11:00 da mañá no paseo de Arealonga en Chapela.    

Cristina Fernández organizadora da feira
Unha feira con produtos variados

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará