Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A FPG critica que a ludoteca de Nadal se organice con voluntarios

RR_Noticias

A formación política entende que ao tratarse dunha actividade organizada dende a Concellería de Servizos Sociais, o obradoiro que se vai desenvolver nas vacacións de Nadal debería estar impartido polos profesionais que prestan os seus servizos nese departamento municipal ou ben a través da contratación de desempregados que se atopen inscritos no INEM.

O obradoiro vaise desenvolver nas datas do Nadal co gallo de facilitar aos pais e nais redondeláns que poidan conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións dos cativos e consistirá na creación dun obradoiro do 26 ao 30 de decembro e os días 2, 3 e 4 de xaneiro nas parroquias do concello. Para atender e impartir esta actividade a Concellería botou man de persoas voluntarias dispostas a colaborar aportando o seu tempo libre. Unha decisión que é criticada dende a Fronte Popular galega por entender que este obradoiro debería estar impartido polos profesionais que prestan os seus servizos na propia Concellería ou ben a través da contratación de desempregados que se atopen inscritos no INEM.
A FPG considera ademais inaceptable que sexan os empregados públicos os que estean a captar voluntarios e voluntarias especializadas nos centros educativos da comarca. Critican ademais que eses voluntarios van estar coordinados por unha empresa privada que “vai percibir unha compensación económica polo seu labor de dirección de actividades”.
Finalmente apuntan que o ideal sería que “a Concellaría de Servizos Sociais argallase un programa de conciliación familiar, apostando pola creación de emprego na nosa localidade e non que se solapen baixo o voluntariado “as grandes eivas das nosas parroquias no que atinxe ás garderías e ludotecas públicas”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará