Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños de Chapela agardan a decisión do novo goberno de Rajoy sobre a ampliación da AP-9

RR_Noticias

O actual Executivo en funcións aprobou a ampliación da autoestrada en Rande, o que afectará gravemente á parroquia de Chapela. O decreto que o fixo posible veu a luz dous días antes das eleccións xerais do 20-N. Agora os veciños da parroquia están divididos entre os que pensan que o novo goberno de Rajoy botará abaixo a proposta e os que están convencidos en que a obra se fará igualmente, xa que será financiada pola empresa Audasa a cambio dunha suba nas peaxes.

Moitos son os asuntos de relevancia que ten enriba da mesa o presidente electo, Mariano Rajoy, mesmo antes de tomar posesión do seu cargo. A crise económica e a reforma laboral son os máis relevantes, pero hai outros. Un deles afecta directamente a Chapela. Falamos da ampliación da autoestrada AP-9 en Rande, unha obra que aprobou o Ministerio de Fomento dous días antes das eleccións do 20-N e que preocupa moito ós veciños da parroquia. Desde a Asociación de Afectados entenden que o novo goberno popular revogará o Decreto que autoriza a ampliación. A actual situación de crise económica e o feito de que o PP sempre deu prioridade a autovía A-57 para unir Pontevedra e Vigo polo interior lévanos a ser optimistas. Desta mesma opinión son veciños como Severino, que entende que a ampliación de Rande “vai quedar aparcada” xa que custaría “moitos cartos” e a autovía alternativa “é mellor solución”. Tamén Daniel, un empresario da zona, afirma que a ampliación “non se vai facer”, polo elevado custe que supón, e porque non interesa “nin ó goberno nin á empresa concesionaria”. Outros como Romina non teñen tantas esperanzas, entende que a obra “acabarán facéndoa” aínda que a considera “inútil” porque non resolve o problema do tráfico e supón un custo moi elevado para a parroquia en canto á afectacións. Manuel tamén é pesimista neste sentido, está “convencido” de que ampliación vaise facer, e que a van a pagar “os propios usuarios”. De feito un convenio entre o Ministerio e Audasa autoriza á empresa concesionaria a incrementar a peaxe nun 1% anual por riba do IPC a cambio de asumir o financiamento da ampliación do vial en diferentes tramos, entre eles o de Rande. Desde a Asociación de Afectados non desbotan poñer en marcha un calendario de mobilizacións no caso de que o proxecto de ampliación siga adiante. Con todo, darán “un prazo prudente” ao novo goberno de Rajoy para que adopte unha decisión definitiva sobre a actuación na AP-9.  

Severino veciño
Este veciño entende que o novo goberno botará abaixo o proxecto de ampliación.
Daniel hostaleiro
Este empresario da parroquia entende que non se fará polo elevado custe que supón a obra.
Manuel afectado
Este veciño está seguro de que a ampliación se fará porque lle interesa a Audasa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará