Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

30 colectivos asinan un manifesto contra o levantamento das vías en Chapela

RR_Noticias

Asociacións veciñais, culturais e políticas de Redondela manifestan o seu posicionamento en contra de decisión de Fomento de levantar as vías na parroquia de Chapela para a futura construcción dun paseo denominado “Senda verde”.  Este grupo de colectivos solicitou ler un manifesto neste sentido no pleno que se celebra esta tarde ás 20:00 horas no Multiusos.

O manifesto, acordado de xeito unánime polos asistentes logo da celebración dunha mesa redonda no Multiusos de Redondela a prol do tren de proximidade, apunta a necesidade de apostar definitivamente por un transporte público de proximidade que dea servicio aos veciños. Por este motivo apostan por “unha Estación Intermodal en Urzáiz na que conflúan o AVE, o tren de proximidade (que arestora non existe) e as liñas de Autobuses, co obxectivo de comunicarnos con toda a contorna, tanto coa cidade de Vigo como coa súa comarca”.
Apuntan os colectivos asinantes que aínda que non están en contra da construción de ningún paseo ou senda verde nin de que o tren vaia polas vías de abaixo son contrarios “ao levantamento das vías até que non se propoña e poña en marcha un plano alternativo, que debe apostar polo futuro”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará