Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Semana do cocido en Chapela

RR_Noticias

Ata o 4 de decembro poderase degustar en cinco restaurantes da praia de Arealonga un menú especial a base de caldo, cocido, sobremesa caseira, pan, viño e café a un prezo de 18 euros. O obxectivo da Asociación de Hostalaría de Arealonga é dar a coñecer este recuncho da parroquia e incrementar o número de clientes que se acheguen á zona.

A asociación de hostaleiros na que están integrados os locais da praia de Arealonga de Chapela intentan dar a coñecer este recuncho da parroquia e fomentar así a chegada de clientes aos seus negocios. Xa o fixeron asumindo a organización da festa do mexillón e durante toda este semana están a desenvolver outra iniciativa gastronómica que pon o acento nun produto tan noso como é o cocido. Así, dende o pasado luns e ata o domingo 4 de decembro, cinco restaurantes da parroquia ofrecen aos seus clientes un menú especial a base de caldo ou sopa de primeiro, cocido, sobremesa caseira, pan, viño e café a un prezo de 18 euros. Participan desta iniciativa a Tapería O Berete, o restaurante Abra de Meu, o mesón A Tella, o restaurante A Chabola e o restaurante Praia de Arealonga. O presidente da Asociación, Lino González Lago, é consciente da necesidade de poñer en marcha este tipo de iniciativas que atraian aos clientes. Os hostaleiros saben que a unión fai a forza motivo polo que continuarán traballando conxuntamente de cara a organizar máis actividades en vindeiras datas. Están xa pensando en que facer no Nadal para encher os seus negocios nun período de crise que se está a notar en que cada vez son menos os que comen fora da casa e cando o fan tenden a buscar menús mais reducidos de prezo. Algo que se está a sentir por exemplo nas reservas ceas de Nadal, onde os menús non superan os 30 euros por persoa.  

Lino Lago Asociación Arealonga
Actividades gastronómicas para darlle vida á praia
Animar ao consumo gastronómico
A crise está a provocar recortes nas ceas de Nadal

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará