Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco mantén o liderado logo dun empate sen goles no campo do Marín

RR_Noticias

Reparto de puntos entre o Marín e o Choco nun partido sen goles marcado pola igualdade entre os dous conxuntos. Os porteiros dos dos equipos foron os máximos protagonistas, impedindo que subisen ó marcador as ocasións de ambas zagas. No resto de categorías resultados negativos para os equipos de fútbol locais, coa excepción das vitorias de Soutomaior e Nespereira, na Terceira Autonómica.

Preferente Autonómica

Marín 0-0 Choco
O equipo redondelán conseguiu manter o liderado logo do punto sumado grazas ó empate no campo do Marín. O encontro estivo marcado pola igualdade entre os dous equipos, que mesmo dispuxeron das mesmas ocasións, aínda que tamén coincidiron na falta de acerto de cara á portería. De feito foron os gardametas de ambos os conxuntos os grandes protagonistas, con boas actuacións tanto por parte de Cortegoso como de Vivar. Os de Jacobo Montes, grazas ó punto sumado no Estadio de San Pedro, recibirán o domingo ó Pontevedra B como líderes.
Primeira Autonómica
Arbo 4-2 Chapela
Os de Redondela afúndense na táboa, son 13º logo da derrota no campo do Arbo. A próxima xornada reciben ó Salvaterra, un dos equipos da parte alta da táboa.
Segunda Autonómica
C.Pontevedra 2-1 Arcade
O Arcade afúndese na táboa, son penúltimos logo da derrota no no campo do C.Pontevedra. Teñen moi complicada a salvación os de Soutomaior, que o domingo reciben ó Beluso, da metade alta da táboa.
Terceira Autonómica
Choco B 2-3 Coia
O filial do Choco non puido co Coia, que o adianta na táboa clasificatoria. O domingo xogan no campo do Teis, outro dos equipos da parte alta da táboa.
Chapela 0-1 Teis
O Chapela caeu á metade baixa da táboa logo da última derrota cos vigueses. E o domingo teñen unha complicada cita, xa que xogan no campo do S.Esteban, o líder do grupo.
At. Vilar 1-2 Caldelas
O Vilar caeu dúas posicións na táboa, ata a 12ª praza do grupo, logo da derrota diante do Caldelas, un dos equipos fortes do grupo. E o domingo terán outro rival complicado xa que xogan no campo do Miño, 5º clasificado.
Bueu 3-0 Cesantes
Os redondeláns non foron quen de frear a superioridade do Bueu, e a derrota leva ó Cesantes á parte baixa da táboa. O domingo reciben ó Pontecaldelas, un duro rival que actualmente é colider do grupo.
Soutomaior 4-0 Xeve
O Soutomaior lidera o seu grupo logo de golear ó Xeve, un dos equipos que pechan a clasificación. O domingo defenderán o liderado no campo do Salcedo, da metade da táboa.
Nespereira 6-0 Oliveira
Os de Pazos non tiveron compaixón do Oliveira, e golearon ó feble rival, polo que soben ata a 5ª praza do seu grupo. O domingo visita o campo do Louredo, pechacancelas do grupo.
Futbol Sala Autonómica Sur
Redondela F.S.5-0 Cesures
Os de Noli gañaron por goleada o segundo partido de liga que disputaban nunha semana. Logo de perder en Baiona o resultado foi moito máis favorable en Redondela diante dun rival que xa se perfilaba como máis feble, o Cesures, o pechacancelas do grupo. O Redondela F.S. gañou por goleada grazas ós tantos de Pablo, por partida doble, Jorge Tizón, Jorge Alonso e Jacinto. A próxima xornada xogarán no Pavillón Municipal do Porriño diante do Opel Fimauto.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará