Hoxe é Venres 6 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Chapela confía que o novo goberno revogue o Decreto que autoriza a ampliación de Rande

RR_Noticias

Os veciños de Chapela non desbotan mobilizarse pero dan un prazo ao novo goberno de Rajoy para que adopte unha decisión definitiva sobre a actuación na AP-9. Confía en que as “numerosas lagoas xurídicas” que presenta o Decreto aprobado no último Consello de Ministro permita a súa derrogación.

Visiblemente molestos pola decisión do Ministerio de Fomento de aprobar dous días antes das eleccións xerais o Real Decreto no que se da luz verde á ampliación da autoestrada AP-9, os veciños de Chapela confían en que o goberno recen saído das urnas decida revogar o documento. Un convenio entre o Ministerio e Audasa que autorizaría á empresa concesionaria a incrementar a peaxe nun 1% anual a cambio de asumir o financiamento da ampliación do vial en diferentes tramos, entre eles o que comunica a entrada do Morrazo coa saída en Vigo. Este Real Decreto é cualificado pola asociación de afectados pola ampliación da AP-9 de “pouco serio, por ser aprobado pola porta de atrás e a tan só un par de xornadas das eleccións”. Entenden ademais que presenta “moitas lagoas xurídicas” que permitirían a súa revogación. Os veciños confían en que en canto se produza o traspaso de poderes a negativa do PP a ampliar a ponte sexa máis contundente, xa que polo de agora os dirixentes populares están sobre todo amosando a súa oposición ao xeito de financiar a obra. Francisco Puch entende que o rexeitamento a esta actuación débese sobre todo a que non vai solucionar os problemas de tráfico e si vai provocar moitas afeccións. Por este motivo demanda do PP maior rotundidade á hora de rexeitar a posible ampliación e así llelo trasladarán tanto ao alcalde Javier Bas como ao portavoz de Infraestruturas da Xunta de Galicia, con quen teñen previsto reunirse en breve para tratar este tema.  

Francisco Puch Asociación afectados pola AP-9
Espera que o novo goerno revogue o convenio entre Audasa e Fomento.
Demanda máis contundencia do PP
En canto o goberno tome posesión estudarán as medidas a adoptar en base ás decisións que se adopten no futuro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará