Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os mozos claman contra a violencia de xénero

RR_Noticias

O manifesto institucional elaborado polo alumnado do Instituto San Simón lembra ás mulleres vítimas da violencia de xénero e teima na necesidade de “amosar tolerancia cero contra o machismo” para poder erradicar esta data do calendario.

Dúas alumnas do instituto Illa de San Simón foron as encargadas de poñerlle voz a unha data na que se conmemora o día contra a violencia de xénero. Nun manifesto lido ás portas do Concello e elaborado polo alumnado deste centro educativo lembraron ás 54 mulleres mortas no que vai de ano a mans das súas parellas ou ex parellas. E, sobre todo, recalcaron a necesidade de que “todos e todas esteamos alerta para acudir na axuda das mulleres vítimas desta violencia”. A portavoz do instituto reclamaba tamén a necesidade de chegar a eliminar esta data do calendario, algo que só se logrará “apartando os prexuízos e os medos” e amosando “tolerancia cero ao machismo”. Un acto institucional organizado dende a concellería de Muller e igualdade que organiza mañá sábado ás 11:00 horas no multiusos unha charla baixo o título “Falemos da violencia” a cargo dos psicólogos Ana Mª Sieiro e Alejandro Vaghetti.  

Manifesto contra a violencia de xénero
O alumnado do IES San Simón foi o encargado de elaborar o texto

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará