Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Ferido grave un veciño de A Portela nun accidente na N-550

RR_Noticias

Un home de 76 anos de idade e veciño da Portela resultou ferido grave nun accidente que se produciu na mañá de onte na N-550 á altura da pasarela peonil que comunica a antiga casa cuartel da Garda Civil coa baixada ao Concello.
 

Os feitos producíronse ás 10:20 horas da mañá, cando o vehículo conducido polo septuaxenario accedía á N-550 procedente da estrada onde se atopa o antigo cuartel, e foi trucado frontolateralmente por outro vehículo que circulaba pola estrada nacional en sentido Redondela-Vigo.
Por mor do impacto o home quedaba atrapado no interior do turismo polo que tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Vigo e Protección Civil de Redondela. Tamén se achegou ata o lugar do sinistro a garda Civil de tráfico, o 061 e persoal de mantemento para retirar os restos do accidente da calzada.
O 061 evacuou ao ferido grave ao Hospital Xeral de Vigo, mentres que a condutora do outro turismo, ferida leve, foi trasladada á Clínica Fátima. Dáse a circunstancia de que o home ferido é pai de dous axentes da Policía Local.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará