Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paraxe Construcións Chapela busca recuperar posicións diante do OAR Coruña

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira queren pasar páxina logo da “amarga” derrota co Calvo Xiria en Carballo. Agora o obxectivo é recuperar confianza, e tamén puntos, diante do OAR Coruña, un duro rival que visita o pavillón de Chapela este sábado. O equipo redondelán afronta a liga co obxectivo de acadar os postos altos da táboa. Malia contar con importantes baixas como as de Rafa Gestido e Sergio Cid, o adestrador confía en que o resto do equipo será quen de conseguir o reto.

Logo dunha derrota “amarga e dolorosa” en Carballo o equipo de Chapela quere levantar cabeza canto antes. O adestrador, Fran Teixeira, lamenta o resultado dun axustado partido na pista do Calvo Xiria (34-33). Un gol dos locais cando faltaban dez segundos para o remate do encontro deulle a vitoria aos anfitrións, logo de que o Paraxe Chapela dominara os primeiros trinta minutos do encontro chegando a sumar ata sete goles de vantaxe. Pero logo do descanso o Paraxe Construcións acusou o cansazo por mor das baixas, e non foi quen de frear ó Xiria. Na última posesión dos locais un gol de David García marcou a derrota dos redondeláns. Agora só pensan no próximo rival, un duro contrincante, o OAR Coruña, situado na segunda posición da táboa. Nesa parte alta da clasificación os equipos están moi igualados, e tan só dous puntos separan ós coruñeses do Paraxe Chapela, que son cuartos. No club confían en superar este difícil partido, a pesares de contar con importantes baixas, como as de Rafa Gestido, que perderá toda a temporada por unha lesión nun ombreiro, e Sergio Cid, con problemas cervicais. Pero Teixeira está convencido de que os outros oito xogadores de campo do primeiro equipo, xunto cos reforzos do conxunto de Territorial, serán suficientes para asumir o partido con garantías. E o obxectivo do club para a presente temporada non pasa por outra cousa que non sexa “loitar polos postos máis altos da táboa”. De gañar o encontro do sábado, e en función dos demais resultados, poderían ser segundos.  

Fran Teixeira adestrador
O técnico confía en acadar os postos altos da táboa malia as importantes baixas que sofre o equipo.
Paraxe Chapela-OAR Coruña
Teixeira advirte que será un partido moi complicado pero confía nos xogadores do Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará