Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

SAR e Chapela non vencen pero si convencen

RR_Noticias

Os dous equipos redondeláns xogaban fora da casa pero non lograron a vitoria a pesar de ser dignos rivais en campo contrario. O Paraxe Chapela caía pola mínima ante o Calvo Xiria (34-33) e a Sar lograba o empate na súa visita ao campo do Camariñas (30-30).

Un gol do Calvo Xiria a tan só dez segundos do final do encontro deulle a vitoria ao equipo local e marcou a derrota para o Paraxe Chapela na súa visita a Carballo. Os de Chapela dominaron claramente os primeiros trinta minutos do encontro chegando a gozar de ata sete goles de renda. Sen embargo o tempo de descanso supuxo un notable cambio no xogo que os homes do Xiria aproveitaron para darlle a volta ao marcador. O Paraxe mantívose no partido pero non soubo frear a última posesión dos locais, sendo o gol de David García o que marcaría esa vitoria final pola mínima.
Unha derrota que sitúa ao Paraxe no cuarto posto da clasificación e cun difícil encontro de cara a vindeira fin de semana, cando recibirán en Chapela ao segundo da táboa, o OAR Coruña.
Pola súa banda, a Sar visitaba o campo do pechacancelas. Dous equipos moi necesitados de puntos para tentar canto antes saír deses postos de perigo na parte baixa da táboa. Un xogo moi nivelado que se resolveu cun empate a trinta nos marcadores. A Sar Plastic Omnium acadou así un punto decisivo, que os sitúa no décimo lugar, aínda que na próxima fin de semana o partido na bomboneira vai ser difícil, reciben ao Ademar, terceiro na clasificación

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará