Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco mantén o liderado pasando máis apuros dos previstos diante do Verín

RR_Noticias

A vantaxe do 3-0 coa que chegaron ó descanso relaxou de máis ó Choco, que acabou pedindo a hora logo da remontada do Verín que acadaba o 3-2. Finalmente os de Jacobo Montes conseguiron os tres puntos que os manteñen no liderado. Foi a única vitoria dunha xornada negra para o resto dos equipos de fútbol da comarca, con derrotas do Chapela e o Arcade.

Preferente Autonómica
Choco 3-2 Verín
O Choco mantén o liderado logo dun apertado triunfo diante do Verín. E iso que o partido parecía estar sentenciado no minuto 20, cando o marcador reflectía un 3-0 a favor dos redondeláns. Pero os de Jacobo Montes acabaron o encontro pedindo a hora. O partido comezou con varias ocasións para os dous equipos, pero foi unha falta por man a que lle permitiu a Negro anotar de penalti o primeiro gol do Choco. Era o minuto 14, e as cousas cambiaron a partires de aí, porque en cinco minutos Yeray e Lojo marcaban outros dous goles. En Santa Mariña xa soñaban con outra goleada local. Pero non foi así, e o exceso de relaxación pasoulles factura na segunda metade. O partido estivo máis igualado e un erro entre a defensa e o porteiro propiciou o primeiro gol visitante. Pampa anotou o 3-1 no minuto 64. Un gol que lle deu forza ó Verín, que tentou recortar distancias con balóns arriba. E xa cando os ourensáns xogaban cun home menos pola dobre amarela a Iván, chegou o 3-2, tamén obra de Pampa, nun saque rápido de falta no minuto 89. Os últimos minutos foron complicados para o Choco, pero conseguiron aguantar a vantaxe. A próxima fin de semana xogan no campo do Mondariz, da metade da táboa.
Primeira Autonómica
Domaio 3-0 Chapela
O Chapela viuse superado por un Domaio que foi máis eficaz de cara á portería. A próxima xornada terán un rival complicado, xa que reciben en Chapela ó líder do grupo, o San Adrián.
Segunda Autonómica
Arcade 0-1 S.Martín
Os de Soutomaior seguen a sufrir neste arranque ligueiro, perderon na casa pola mínima diante do S.Martín. O domingo enfróntanse a outro dos equipos que están na parte baixa da táboa, xogan no campo do Catoira.
Terceira Autonómica
Chapela B 1-2 Nigrán
O filial do Chapela non foi quen de superar ó pechacancelas, o Nigrán, que grazas ós tres puntos escalou moitas posicións na táboa. A próxima fin de semana teremos un interesantes derbi local entre os filiais de Chapela e Choco. Será en Chapela, e cos dous equipos moi igualados, aínda que os redondeláns suman un punto máis.
Choco B 2-2 Moledo
O filial do Choco cae posicións na táboa logo do empate co Moledo, e prepara o derbi do próximo domingo en Chapela.
Mosende 0-0 At. Vilar
O Vilar non conseguiu pasar do empate no campo do Mosende, un dos pechacancelas. O domingo recibirán a un dos equipos fortes do grupo, o Tyde, 3º clasificado.
Nespereira 0-3 Cañiza
Os de Pazos seguen na metade alta da táboa malia perder co Cañiza, líder do campionato. E tamén terán un duro rival o próximo domingo, xa que reciben ó Xinzo. 2º clasificado.
Cesantes 0-1 Sampaio
Os redondeláns non puideron co líder, o Sampaio, que se impuxo pola mínima no encontro de onte. Na próxima xornada xogarán no campo do Praderrei, da parte alta da táboa.
Soutomaior- Descansou. A próxima xornada volve á competición e recibe ó Presqueiras, o pechacancelas.
Fútbol Sala Autonómica Sur
Valadares 5-3 Redondela F.S.
Os de Manoliño non foron quen de superar a un dos pechacancelas, o Valadares, que se impuxo ós redondeláns no pavillón do Pedregal. O próximo sábado o Redondela F.S. xoga na casa, reciben ó San Martiño.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará