Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha comisión política tentará buscar solucións ao bloqueo da piscina de Chapela

RR_Noticias

O PP denuncia que o custe final do Centro de deportes acuáticos sobrepasará os cinco millóns de euros e lembra que o principal obstáculo para certificar o fin da obra é un sobrecusto de máis 300.000 euros. O pleno acorda ademais poñen en marcha os consellos parroquias en todo o concello para facilitar a participación veciñal.

Goberno e oposición formarán parte dunha comisión de urxencia na que se estudará como desbloquear a piscina de Chapela. Unha medida acordada onte logo de que o PSOE presentase unha moción demandando que fora unha comisión, integrada por un representante de cada partido político, quen se encargase de redactar unha novas bases para a adxudicación da concesión tras quedar deserto o primeiro concurso. A unanimidade foi absoluta, pero dende o PP aproveitaron a ocasión para lembrar que non é o goberno actual quen ten que dar explicacións da situación na que se atopa actualmente o centro de deportes acuáticos de Chapela, que vai custar “máis de cinco millóns de euros” e que o atraso na certificación das obras responden a petición por parte da empresa dun sobrecusto de máis de 300.000 euros. Dende o BNG amosaban o seu convencemento de que esta comisión servirá para desatascar e facilitar a posta en marcha da piscina, mentres que o voceiro de AER puña o acento en que a situación actual afecta aos veciños en xeral e aos rapaces do club de remo de Chapela en particular, que levan meses empregando unhas instalación precarias á espera de que se dote ás novas instalación de luz e saneamento para que poidan facer uso do local que lle prometeron nos baixos da piscina. Os socialistas, promotores da moción, aseguraron estar dispostos a facer autocrítica pero recriminaron tamén ao PP que logo de cinco meses no goberno non foran quen de avanzar neste asunto. Consellos parroquiais Tamén de xeito unánime aprobouse na sesión de onte estender os consellos parroquiais que xa funcionan en Chapela, O Viso e Reboreda, ao resto de parroquias que ata o de agora non contaban con este órgano consultivo. Aseguraba o voceiro do PP que dende a súa formación política xa se puxeron en contacto con asociacións de Cesantes, Saxamonde, Cedeira, Trasmañó, Ventosela, Quintela, Negros, Cabeiro e Vilar e que comprobaron o interese existente por participar destes consellos, motivo polo que entenden que a súa posta en marcha será unha realidade en breve.  

Alberto Pazos PP
O popular falaba dos problemas que arrastra a piscina
Cecilia Pérez BNG
A voceira do bloqeu defendía unha comisión para achegar propostas
Jorge Varela AER
A Agrupación de Electores califica de dantesca a situación dos remeiros de Chapela
Luis Orge PSOE
Os socialistas amósanse dispostos a facer autocrítica

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará