Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Pazos aproba unha suba do 127% no recibo do lixo e un 67% no saneamento

RR_Noticias

O pleno de Pazos de Borbén aprobou unha suba do 127% do recibo do lixo e dun 67% no do saneamento cos votos do PP, con maioría no concello e o voto en contra do BNG. Os nacionalistas advirten da existencia dun informe municipal no que se sinala que as nóminas de decembro do persoal do concello están en perigo.

Os nacionalistas denuncian que dende o goberno local se estea a recorrer ao incremento de taxas e impostos para tentar solucionar a situación ruinosa na que se atopan as contas municipais “consecuencia do seu mal goberno”.
Denuncian ademais dende o bloque que un informe de intervención sinala que se corre o risco de non poder pagar as nóminas do persoal no mes de decembro e que no departamento de tesourería hai partidas que están a cero ou en negativos dende o mes de setembro o que impide que se poidan pagar facturas de gastos xa recoñecidos e moito menos facer fronte a gastos ou imprevistos que poidan sobrevir de aquí a fin de ano.
Dende o BNG critican que nesta situación de precariedade económica o concello conte cunha de dedicación exclusiva de 38.000 € anuais para o Alcalde e dunha parcial de case 8.000€ para un concelleiro que “nin precisa nin pode permitirse” polo que solicitaron eliminar esa dedicación parcial e que o Alcalde se baixara o seu soldo nun xesto de responsabilidade algo ao que non accedeu o goberno local alegando que ” as cousas non están tan negras como as pinta o BNG”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará