Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A confraría denuncia a captura indiscriminada de choco por parte dos pescadores deportivos

RR_Noticias

Reclaman á Consellería do mar a veda total da pesca do choco durante a súa época de reproducción. Actualmente a prohibición de capturar chocos afecta tan só aos profesionais que empregan o trasmallo mentres que os chamados deportivos seguen a pescar  choco durante todo o ano sen ningún tipo de control en canto a tamaños ou topes de captura.

Unha situación que está a espertar a alarma entre os membros da confraría, xa que temen que a masiva captura de chocos que se está a levar a cabo nas últimas semanas por parte das embarcacións deportivas poña en risco a supervivencia da especie. Aseguran que nalgunhas ocasión chegaron a contabilizar ata 60 embarcacións capturando choco sen que exista ningún tipo de control por parte dos inspectores da Xunta nin no referente aos tamaños dos chocos capturados nin en canto a cantidade. De feito denuncian que se están vendendo en negocios de hostalaría e domicilios privados unha media de 100 kilos diarios de choco. Insisten en que a veda para a pesca de choco con trasmallos decretada entre o 1 de xuño ata o 1 de xaneiro responde a motivos biolóxicos, polo que debería facerse extensible a todo tipo de embarcación e arte “xa que o choco a partires de xuño entra en período de reproducción (desove)”. Unha petición que xa lle trasladaron á consellería do mar sen que ata o momento se atendera a súa demanda argumentando que están estudando o caso.  

Anxo Lusquiños secretario da confraría
Denuncia a pesca indiscriminada por parte dos chamados deportivos
Ameaza á supervivencia da especie
Demandan unha prohibición para todos e un maior control por parte dos inspectores

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará