Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os remeiros de Chapela levan un ano adestrando en condicións precarias

RR_Noticias

Non poden facer uso das instalacións que lles prometeron nos baixos do Centro de deportes acuáticos de Chapela porque o edificio carece de subministro eléctrico. O venres reuniranse co alcalde para esixirlle unha solución que lles permita abandonar as casetas de obra que dende hai un ano lles serven de vestiarios.

A concesión e posta en marcha do Centro de deportes acuáticos de Chapela quedou en suspenso logo de que ningunha empresa se presentase ao concurso. Quedaron truncadas así as esperanzas de moitos veciños de achegarse a este centro a practicar natación. Pero a situación está a afectar aínda máis aos preto de cen rapaces que forman parte do club de remo de Chapela e que dende hai un ano carecen dunhas instalacións en condicións. As casetas de obra que de xeito provisional están a facer a función de vestiarios van camiño de se eternizar, xa que polo de agora a carencia de subministro eléctrico lles impide facer uso das instalacións que estaban chamadas a ser o seu centro de adestramento. O vicepresidente do club, Julio Prado denuncia a precariedade que padecen os remeiros e que podería afectar aos seus resultados deportivos. Entenden dende o club que a solución é doada e pasa porque o Concello dea a luz de alta o que lles permitiría poñer en marcha o sistema de ventilación e calefacción. Unha solución que este venres lle van trasladar ao alcalde, Javier Bas, con quen se van reunir. Á espera de que se lles dea unha solución, non desbotan o inicio de mobilización no caso de que esta non chegue. Unhas protestas que os pais levan tempo demandando porque non entenden que os seus fillos non conten cunha instalacións axeitadas para o desenvolvemento desta práctica deportiva.

Julio Prado Club de remo de Chapela
Unha situación precaria
Solución doada
Piden que se dea de alta o subministro eléctrico
Mobilización
Unha situación que preocupa e molesta especialmente a pais e nais

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará