Hoxe é Venres 27 de Novembro de 2020

Conferencia-exposición sobre Castelao en Arcade

RR_Noticias

A Asociación Cultural Alba de Gloria presenta hoxe venres ás 20:00 horas no Multiusos de Arcade, unha exposición sobre a vida e obra do ilustre galeguista. A mostra inaugurarase cunha conferencia e a proxección dunha película na que se recollen as imaxes máis salientables da vida social, política e cultural de Castelao.

A exposición, que se poderá visitar ata o 14 outubro, inaugurarase cunha conferencia dos historiadores Bieito Alonso e Roberto Rivas. Ademais da exposición fotobiográfica e da conferencia, os asistentes poderán visualizar unha película que recolle as pasaxes máis significativas da vida social, política e cultural de Castelao. O acto enmárcase na iniciativa que diferentes asociacións e axentes sociais están a realizar neste ano 2011 para conmemora os 125 anos do nacemento do rianxeiro. Dende asociación cultural Alba de Groria convidan a todos os veciños e veciñas a participar nesta actividade que afirman “servirá para afondar no coñecemento e na dimensión social e humana de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao”.  

Manu Lorenzo Asociación Cultural
Proxectarase un vídeo en torno á figura de Castelao
Oscurantismo institucional
Denuncian a falta de actos por parte das insitución para conmemorar o ano de astelao

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *