Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Igualdade ensina a mellorar a comunicación no ámbito familiar e previr a violencia

RR_Noticias

Os obradoiros que xa arrancaron en Trasmañó, O Viso e Chapela continúan esta semana: hoxe ás 16:00 horas no Centro Cultural de Cesantes, mañá no Multiusos da Xunqueira e o venres en Cedeira. Dende a Concellería animan aos veciños a asistir e poñer en común vivencias que serven para reflexionar de xeito positivo sobre os conflitos familiares.

Previr a violencia e visibilizar as situacións que poden dar lugar a episodios de tensión dentro das familias son os obxectivos principais destes obradoiros organizados pola Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade e cofinanciados pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Pesca, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, a Consellería do Mar e o Grupo de Acción Costeira GAC 7. Os obradoiros, que se están a impartir nas parroquias de Trasmañó, o Viso e Chapela e que hoxe arrancan no centro cultural de Cesantes, teñen unha duración de seis horas repartidas en dúas sesións. Un tempo que lles serve aos asistentes para reflexionar sobre a violencia no seo familiar, identificando as distintas formas de violencia que se poden manifestar no contorno familiar ou máis próximo. A psicóloga encargada de conducir o obradoiro achégalles aos participantes ferramentas para mellorar os momentos de tensións que se poden producir dentro da familia e como afrontalos para chegar a unha solución satisfactoria. Ademais tentan incidir na sensibilización deste problema que afecta a todo tipo de estruturas familiares, e tratan de facer visible o compromiso que dende as administracións se está a facer para evitar e previr estas condutas, así como levar axuda e información a quen a precisa. E para facelo nada mellor que animar aos asistentes a que poñan en comúns as súas vivencias que serven para reflexionar dun xeito positivo sobre as situacións de tensión que se dan en todas as unidades familiares O curso que arranca hoxe en Cesantes as 16:00 horas, desenvolverase tamén mañá no mesmo horario no Multiusos da Xunqueira e o venres en Cedeira.  

Mª Jesús Bendaña Aula Sísifo
A coordinadora dos obradoiros anima aos veciños a asistir
Obradoiros dinámicos
Compartir experiencias serve para reflexionar en positivo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará