Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os traballadores de Urbaser volverán á folga en Soutomaior pola ruptura das negociacións

RR_Noticias

As negociacións entre Urbaser e os traballadores do servizo de recollida do lixo en Soutomaior, Ponte Caldelas e Vilaboa están rotas. As reunións celebradas esta semana na Inspección de Traballo en Vigo non conseguiu achegar as posturas entre a concesionaria e os seus operarios. O portavoz da UXT, Ramón Vidal. Os traballadores decidirán en asemblea se reactivan a folga, o que desde o sindicato se dá por feito a partires do luns.

Os traballadores de Urbaser encargados da recollida do lixo en Soutomaior, Ponte Caldelas e Vilaboa dar por rachadas as negociacións coa empresa, nas que mediaba Inspección de Traballo. O dirixente de UXT, Ramón Vidal, responsabiliza á parte empresarial da ruptura. Entende que é “insultante e inadmisible” a proposta de convenio que Urbaser puxo enriba da mesa, e cren que o o obxectivo da empresa era “debilitar ao sindicato e manter a súa posición”. Explica Vidal que tras varias roldas negociadoras ao longo de dúas semanas, os avances foron “mínimos”. Os traballadores reclamaban un convenio colectivo específico, e a equiparación salarial con outros traballadores de Urbaser noutros municipios. Con todo, Vidal asegurou que a empresa se negou a estas peticións e que non aceptou pasar de incrementar nun 1,6% a masa salarial. Un incremento moi lonxe das pretensións sindicais, xa que o IPC este ano supera os tres puntos. Ante esta situación os traballadores participarán en asembleas para decidir a reactivación da folga, o que os sindicatos dan por feito a partires do luns.
A folga do servizo de recollida de lixo, que se iniciou a mediados de agosto, prolongouse preto dun mes. Os traballadores deixárona “en suspenso” (non desconvocada) como sinal de boa vontade ante a mediación de Inspección de Traballo. Unha mediación que, polo de agora, non serviu para chegar a acordos entre traballadores e empresa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará