Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER solicita que a Enseada de San Simón se declare Zona de Especial Conservación

RR_Noticias

A Agrupación de Electores de Redondela presentará na sesión plenaria deste xoves unha moción para que o Concello solicita a declaración da Enseada de San Simón como Zona de Especial Conservación da Rede Natura 2000. O BNG presentará tamén varias mocións, entre elas unha para que recuperan as axudas autonómicas ós Servizos de Normalización Lingüística.

A sesión plenaria deste mes de setembro, que se celebra o xoves, contará con varias mocións dos grupos da oposición. Desde AER proporán, entre outros temas, que a Enseada de San Simón sexa declarada Zona de Especial Conservación da Rede Natura 2.000. Entende esta agrupación que a zona se caracteriza por ser un espazo natural de alto valor ecolóxico, que resulta fundamental para manter “unha alta integridade da calidade ambiental e para a saúde das persoas”. Lembran que a Enseada de San Simón como espazo natural figura recoñecido grazas á Lei 9/2001 de Conservación da Natureza de Galicia, como Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, ao que se chegou dende que fora seleccionado para formar parte da rede de espazos naturais europea denominada Rede Natura 2000. A Agrupación de Electores de Redondela amosa a súa “preocupación” porque nestes momentos o espazo non conta co seu respectivo Plan de Conservación, así coma da obrigada distinción a efectos legais coma Zona de Especial Conservación dentro do territorio da Unión Europea, co consecuente incumprimento de Directivas Europeas. Entenden que deste xeito póñense en risco “dende os valores ecolóxicos, ás posibilidades de desenvolvemento sostible e económicas que se poden tirar deste tipo de espazos”. Por iso pedirán no pleno que o Concello de Redondela se dirixa á administración galega con competencias solicitando “a inmediata restitución da legalidade” para o espazo da Enseada de San Simón, e que proceda á Declaración do Espazo da Enseada de San Simón coma Zona de Especial Conservación da Rede Natura 2000.
Moción do BNG sobre Normalización Lingüística
O grupo muncipal do BNG redondelán levará ó pleno unha moción na que solicitan á corporación que se inste á Xunta para que se restitúan as axudas destinadas ós Concellos en materia de normalización lingüística, e que estas axudas dean á creación, mantemento e estabilidade dos Servizos Municipais de Normalización Lingüística. O Bloque lamenta que a Consellaría de Educación eliminase este mes as axudas dirixidas a Concellos en materia de normalización lingüística. Unhas axudas que se viñan concedendo anualmente desde hai moitos anos, e que permitían que algúns municipios contasen con servizos de normalización lingüística, ou desenvolvesen actividades de promoción e dinamización do noso idioma. Por iso solicitan que se recuperen estas subvencións. O BNG redondelán presentará tamén outra moción sobre as devolucións correspondentes ás liquidacións negativas da participación nos ingresos do Estado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará