Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Música e baile tradicional no festival folclórico da agrupación Anaquiños de Chapela

RR_Noticias

O certame, que se celebra o sábado, contará coa presenza de varios grupos galegos e dos portugueses Terra de Aroes. Dese o grupo folclórico Anaquiños convidan a todos os veciños a participar desta festa, unha homenaxe á tradición e cultura galegas. A cita é ás 19.30 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego.

Desde hai tempo o Grupo Folclórico Anaquiños, de Chapela, organiza un festival anual no que participan os seus conxuntos de música e baile tradicional, e tamén outras agrupacións. Nesta edición achegaranse a Chapela os grupos A Solaina, de Moaña, Buxainas, da localidade coruñesa de Cedeira, e o grupo portugués Terra de Aroes, do Val de Cambra. Unha das organizadoras do certame, Estrella Iglesias, explica que o obxectivo deste festival é reunir ós veciños de todas as idades e compartir con eles a música, o baile e a tradición galega. A cita é o sábado ás 19.30 horas no Multiusoso do Piñeiral do Crego. Da asociación Anaquiños forman parte case medio cento de persoas, desde os 4 ata os 70 anos de idade, que participan activamente nos grupos de baile e música. Desde a organización salientan o beneficioso que este intercambio xeracional é para todos. Os máis pequenos coñecen a tradición e a cultura galega ó tempo que se divirten, e para os maiores é tamén un xeito “de saír e relacionarse cos veciños”, ademais de supoñer unha boa actividade física.    

Estrella Iglesias organizadora
Estrella fálanos dos grupos que participan no festival.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará