Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Natureza e arte na mostra de Alba Casanova

RR_Noticias

A súa nai díxolle desde nena que tiña “Paxaros na testa”, e ese é o título dunha colección de obras que a artista redondelá Alba Casanova expón no Multiusos da Xunqueira. O seu traballo multidisciplinar mistura a pintura e o debuxo con materias como o fío ou elementos vexetais, que nos ofrecen imaxes poéticas e subxectivas.

A exposición “Páxaros na testa” de Alba Casanova ofrece un total de trinta obras nas que a artista, afincada en Valencia, xoga cos procesos dixitais que logo traballa mediante collage, pintura ou incorporando elementos da natureza como follas, ou outros materiais como o fío. O título da colección débello á súa nai, que desde nena sempre lle dixo esa frase, polo seu carácter artístico e creativo. Casanova define este traballo como “subxectivo”, e recoñece que nel existen temas recorrentes da súa obra como a natureza ou a figura da muller, sempre desde unha perspectiva poética. A súa obra é interdisciplinar, xa que traballou en diferentes campos como a videoarte, a performance, a teoría das artes ou o collage. Realizou ademais diferentes cursos con artistas de renome como Mariña Abramovick ou Ester Ferrer e participou en numerosas exposicións en España, Arxentina, Chile, Venezuela, Francia, Portugal ou Alemaña. A mostra do Multiusos da Xunqueira pode visitarse ata o 28 de Setembro.  

Alba Casanova
A artista fálanos do seu proceso creativo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará